Blogia
MAVIC'S BLOG

E ESTO FOI TODO AMIGOS...........

ACABAMOS........

ACABAMOS........

Pois sí, ó final rematamos a asignatura de Novas Tecnoloxías.

Non sin aprender algo que se demostrará a partires deste momento...

Pero xa sin avaliación algunha, senón movéndonos por nós mesmos...

Polo que de todo o novo que fomos aprendendo, quedome cun montón de cousas, pero o máis inmediato é a continuación do bo uso deste blog.

Eso sí, agora será de uso persoal.... Para disfrute de quen o queira ler seguirei adornando o meu blog os días que poida e que me apeteza....

PORTAFOLIOS que me estás matando........

PORTAFOLIOS que me estás matando........

Pois sí, está acabando comigo, non sei si me vai dar tempo a rematalo............

Estou desperta a estás horas por culpa do portafolios!!!! E mañá teño que traballar de mañá!!!! Esto é horrible.....

En fin, que farase o posible.....Así que hoxe non vou facer ningún comentario ó respeto, mañá xa falaremos.........

Dentro do mundo das TIC

Dentro do mundo das TIC

Hai un antes e un despois das clases de Novas Tecnoloxías, así queda reflexado nestas dúas imaxes......

O MAPA CONCEPTUAL

O MAPA CONCEPTUAL

Pois aínda que tarde, conseguín facer o meu mapa conceptual....

A verdade que me gustou facelo, aínda que non é moita cousa....eu penso que me quedou bonito.

Os mapas conceptuais son unha maneira de mostrar os conceptos de forma organizada e relacionándose con outros según o seu grao. E no mundo da informática o Cmaptools é un programa bastante fácil é cómodo de manexar.

Creo que a construcción de mapas conceptuais hannos de ser de gran axuda, tanto para aprender coma para ensinar...

As Novas Tecnoloxías na Educación

As Novas Tecnoloxías na Educación

 

3º traballo: WEBQUEST

3º traballo: WEBQUEST

Este foi de seguro un dos traballos máis complicados e, ó mesmo tempo nun dos que máis aprendín.

Si na miña vida apenas oira falar dunha Webquest, agora xa sei incluso facer unha. Como ben puden comprobar, unha Webquest é unha proposta de ensinanza baseada na investigación que sigue o modelo de aprendizaxe por descubrimento.

A Webquest do meu grupo quedounos realmente ben. Ou polo menos eso é o que nos pensamos, xa que non somos profesionais no tema e ademáis tivemos o tempo demasiado axustado. Pero, vós sabedes o que é velo traballo rematado? Foi incrible! Unha satisfacción sentir que despois de tantos problemas, conseguimos acabalo. Se ben é verdade que tecnicamente, casi non sabíamos traballar co Frontpage, conseguimos sacalo adiante, eso sí con moita investigación e axuda. E desde logo, o que aprendín éme de moitísima axuda para o Portafolios, que ese si que me está costando un montón e non sei si serei capaz de rematalo...

Desde logo unha Webquest é un xeito formidable para sair da rutina diaria para que os nenos aprendan cousa novas de maneira divertida coa implicación das Novas Tecnoloxías.

 

2º traballo: Softwares educativos

2º traballo: Softwares educativos

Sen dúbida, un gran recurso de Internet o dos Sofwares educativos. Na miña opinión é un material interesantísimo e que pode prestar moito apoio a determinadas materias.

Personalmente eu non as coñecía, así que foi un gran descubremento para min saber que sabéndoas elexir correctamente, hai softwares na rede que poden colaborar enormemente na aprendizace constructivista.

Ofrecen diversas posibilidades que podemos aproveitar nun momento determinado, e, deste xeito, ademáis de facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe dunha determinada materia, tamén se fomenta o uso das novas tecnoloxías.

Este traballo, ademáis de ser dos máis sinxelos en canto ó uso das ferramentas de informática, non en canto á súa temática, si que me gustou moitísimo polo búsqueda de páxinas infantís que me pareceron moi entretidas, aínda que unhas con máis valor pedagóxico ca outras.

Coñecendo este novo recurso, sempre poderemos botar man del nalgún momento determinado da nosa profesión.....

1º traballo: ¿Por qué e para qué as TICs na Educación?

1º traballo: ¿Por qué e para qué as TICs na Educación?

Neste traballo indagamos acerca da importancia da incorporación das novas tecnoloxías á Educación.

É unha desas preguntas que nos dou que pensar polo menos en dúas semanas. Pregunta que desde logo logramos contestar a través de certa bibliografía e webgrafía, aínda que con certas dúbidas que quedaron no aire.

Eu personalmente puden comprobar que na actualidade o uso das NTICs, xa sexa como recurso ou coma estudo en sí, é totalmente necesario no ambiente educativo. Ademáis de facilitarnos o estudos das diversas asignaturas na Universidade, tamén nos prepara para o futuro traballo no que de seguro as imos utilizar.

Penso que a escola debe ser un medio que facilite a adquisición de competencias básicas no uso das NTICs para que os estudantes se poidan integrar na nova Sociedade da Información. Inevitablemente os xóvenes de hoxe en día non poden quedar ó marxe das novas tecnoloxías.

Outro punto que quixera resaltar deste primeiro traballo, é sin dúbida a aprendizaxe do manexo do PowerPoint. Realmente non era a primeira vez que o manexaba, pero practicamente nin me acordaba. Gracias a este traballo, volvín a unir lazos na memoria con algunha clase de informática que realizara xa fai un tempo.

Sen dúbida algunha, este traballo iniciounos nas NN TT, coa reflexión sobre elas mesmas, pero ó mesmo tempo utilizándoas como un recurso e un proceso a seguir, tanto agora coma nun futuro.