Blogia
MAVIC'S BLOG

1º traballo: ¿Por qué e para qué as TICs na Educación?

1º traballo: ¿Por qué e para qué as TICs na Educación?

Neste traballo indagamos acerca da importancia da incorporación das novas tecnoloxías á Educación.

É unha desas preguntas que nos dou que pensar polo menos en dúas semanas. Pregunta que desde logo logramos contestar a través de certa bibliografía e webgrafía, aínda que con certas dúbidas que quedaron no aire.

Eu personalmente puden comprobar que na actualidade o uso das NTICs, xa sexa como recurso ou coma estudo en sí, é totalmente necesario no ambiente educativo. Ademáis de facilitarnos o estudos das diversas asignaturas na Universidade, tamén nos prepara para o futuro traballo no que de seguro as imos utilizar.

Penso que a escola debe ser un medio que facilite a adquisición de competencias básicas no uso das NTICs para que os estudantes se poidan integrar na nova Sociedade da Información. Inevitablemente os xóvenes de hoxe en día non poden quedar ó marxe das novas tecnoloxías.

Outro punto que quixera resaltar deste primeiro traballo, é sin dúbida a aprendizaxe do manexo do PowerPoint. Realmente non era a primeira vez que o manexaba, pero practicamente nin me acordaba. Gracias a este traballo, volvín a unir lazos na memoria con algunha clase de informática que realizara xa fai un tempo.

Sen dúbida algunha, este traballo iniciounos nas NN TT, coa reflexión sobre elas mesmas, pero ó mesmo tempo utilizándoas como un recurso e un proceso a seguir, tanto agora coma nun futuro.

 

 

 

   

0 comentarios