Blogia
MAVIC'S BLOG

3º traballo: WEBQUEST

3º traballo: WEBQUEST

Este foi de seguro un dos traballos máis complicados e, ó mesmo tempo nun dos que máis aprendín.

Si na miña vida apenas oira falar dunha Webquest, agora xa sei incluso facer unha. Como ben puden comprobar, unha Webquest é unha proposta de ensinanza baseada na investigación que sigue o modelo de aprendizaxe por descubrimento.

A Webquest do meu grupo quedounos realmente ben. Ou polo menos eso é o que nos pensamos, xa que non somos profesionais no tema e ademáis tivemos o tempo demasiado axustado. Pero, vós sabedes o que é velo traballo rematado? Foi incrible! Unha satisfacción sentir que despois de tantos problemas, conseguimos acabalo. Se ben é verdade que tecnicamente, casi non sabíamos traballar co Frontpage, conseguimos sacalo adiante, eso sí con moita investigación e axuda. E desde logo, o que aprendín éme de moitísima axuda para o Portafolios, que ese si que me está costando un montón e non sei si serei capaz de rematalo...

Desde logo unha Webquest é un xeito formidable para sair da rutina diaria para que os nenos aprendan cousa novas de maneira divertida coa implicación das Novas Tecnoloxías.

 

0 comentarios