Blogia
MAVIC'S BLOG

Rematamos....

Rematamos....

E chegou a fin das clases... Así, casi sin enterarnos, demos remate as nosas sesións de Novas Tecnoloxías na Aula de Informática da Facultade.

Parece mentira que o tempo pase tan rapidamente e que todo se nos veña encima dun momento para outro. Como sempre, o mes de Febreiro significa, sin dúbida, un estrés agobiante, con tantas cousas ás que atender que se nos fai imposible centrarnos nunha soa. O meu caso, neste ano, é especial, polo feito de que se me está a facer moi difícil centrarme, e, por unhas cousas e por outras, aínda estou a decidirme polo que facer. Pero a pesares desto, incluso sorprendendome a min mesma, non me parei, xa que vou levando (á miña maneira e con moita axuda por parte de profesores e compañeiros, claro) os estudos para diante.

De tódolos xeitos, non podo evitar pensar no tempo perdido, xa que por moito que se intente, non se pode recuperar. Este é o caso desta asignatura, xa que é unha materia que se debe traballar día a día, individualmente e en grupo, posto que as horas presenciales na aula non son moitas e témolo que facer fóra dela. Cousa que non deixa de ser complicada, xa que coma universitarios que somos, temos sempre miles de preocupacións ás que atender.

Ademáis desto, este cuatrimestre deste curso en especial, trae máis contradiccións, xa que as clases son interrumpidas polo mes de prácticas e as vacacións de Nadal; e, si desde logo que virtualmente poderíase facer moito máis, pero non deixa de ser unha traba.

Polo que como xa se intuirá no meu comentario, para min, as clases presenciales de Novas Tecnoloxías non me chegaron practicamente a nada...E nin que decir ten que a todo isto, hai que sumarlle a miña desventurada relación coas NTICs, que xa sería un tema aparte, que non vou relatar neste artigo, senón  que o vou deixar para outros posteriores e para o meu Portafolios.

Así que coas ganas daquel ó que lle gustaría saber máis, sabendo como facelo, despidireime desta asignatura (si aprobo, claro) na que aprendín a facer cousas novas (PowerPoint, Webquest, Blog, ...) que polo que me informei, hanme de servir na que espero sexa a miña profesión nun futuro.

Desde logo, un mundo interesante ese que se atopa detrás desta pantalla...

Así que ben queridos compañeiros e profesora, o meu adeus as clases de Novas Tecnoloxías, aínda que non á asignatura. E que sepades que seguirei mantendo polo menos o meu Blog para cando queirades saber algo de min....

Un saúdo para todos...e espero que esto non sexa un adeus, senón un ata logo, é desexo que o devir do tempo e das Novas Tecnoloxías non nos alcance sen poder aproveitalos...

0 comentarios