Blogia

MAVIC'S BLOG

Pouco a pouco....................

Pouco a pouco....................

Ola meu querido blog. Aquí estou outra vez, aínda que agora non é igual que antes, eu sei que non se marchou de todo, pero solo a súa ausencia física me fai sentir máis dor da que podría imaxinar nunca. Sei que teño que levantarme, pouco a pouco, pero a costa que me está facendo subir a vida é demasiado empinada.

Ninguén pensa na posibilidade de que esto pode pasar, é dicir, non en que pase, porque antes ou despois, uns antes e outros despois se nos permite un espazo de tempo, e eso sabemolo todos; no que realmente non se chega a pensar nunca é no que imos a sentir ó perder parte de nós.

Doe, doe moito. Doe tanto que hai veces que penso que non hai máis alá, xustificándoo con culpas a todos, pensando no tempo que perdín sin estar ó seu lado, facéndoo sufrir por só querelo de lonxe, confundíndome con todo e con nada, querendo acordarme e buscándoo, compartindo a miña dor sin deixarlla a ninguén...

Estou confusa, pero sigo pensando que mentras me acorde del, seguirá vivindo, en min e en todos. Porque sigue sendo unha das mellores persoas que teño e cun corazón tan grande que non puido collerlle no peito, que lle explotou de amor polas persoas que quere, aínda que os médicos o expliquen na propia anatomía, os que o coñecemos sabemos que o seu corazón alcanzou os nosos deixándonos un cachiño a cada un.

Por esto e por moitisimo máis que non se di con palabras, por él e con él ó meu lado, sei que na súa morte física non está a súa fin,e que POUCO A POUCO,saíremos desta amargura que nos invade...

Non fai falta pedirllo, eu sei que nos axudará... Xa que el non nos permitiría que a tristeza nos deixara caer sin que non nos levantaramos.

Quérote papá, sempre...

AS MIÑAS EXPERIENCIAS: PRÁCTICAS (2)

AS MIÑAS EXPERIENCIAS: PRÁCTICAS (2)

 En canto a miña experiencia persoal nestas prácticas, estou encantada da vida....

Realmente, xa será pola miña titora, á que considero unha gran profesional, tanto polos seus 20 anos de experiencia como  polo seu amor á profesión; ou tamén pode ser polos nenos da clase que me tocaron (de 1º de primaria), que en xeral son unha marabilla...creo que me están refirmando o meu desexo de acadar o meu obxetivo: ser MESTRA.

  

AS MIÑAS EXPERENCIAS: PRÁCTICAS (1)

AS MIÑAS EXPERENCIAS: PRÁCTICAS (1)

A pesar de que xa levamos máis de 20 días nas prácticas, pareceme este momento,coma outro calquera, cando vou a empezar a relatar a míña experiencia con esta asignatura. Penso que sinxelamente é a que máis se corresponde co mundo ó que nos imos afrontar profesionalmente. Desde logo, non se poden suprimir o resto das asignaturas da carreira (bueno, algunha sí,jeje); pero sí que se deberían de incrementar máis as horas prácticas en contacto cos nenos. A pesar de que os nenos me encantan, considero que ensínalos non é tarea fácil, e, moito menos na actualidade, xa que hai que analizar todo con lupa e ter un método adecuado. E a mellor maneira de aprendelo é observándoo e tendo a oportunidade,por pequena que sexa, de realízalo. Por isto e polo que estou vivindo, sí que deberíamos de ter máis prácticas repartidas ó longo dos tres cursos da carreira. Desde logo,  sin olvidarme da base das asignaturas teóricas,  creo que levo aprendido máis en estos 20 días que no curso pasado e no actual....

Xa estou aquí!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Xa estou aquí!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Meu queridísimo blog, escríboche desde un cibercafé calquera:

 

 Perdóname meu querido blog, pero estiven moi ocupada e non puden escribirche en todo este tempo, pero prometoche que serás recompensado... Como comprenderás, a vida de estudante e traballadora activa é moi dura, pero eso non quita que che teña moi presente no meu "corablog". Non te tomes esto como algo persoal, que sabes que é por causas externas. Como propósito de enmienda, prometo facerche máis visitas e limpezas internas a partir deste momento.

                                    Un bicoblog:

                                                              Mavic 

o blog de mavic

Ola son Mavic Vidal e o meu blog é: http://mavicvifer.blogia.com