Pouco a pouco....................
Ola meu querido blog. Aquí estou outra vez, aínda que agora non é igual que antes, eu sei que non se marchou de todo, pero solo a súa ausencia física me fai sentir máis dor da que podría imaxinar nunca. Sei que teño que levantarme, pouco a pouco, pero a costa que me está facendo subir a vida é demasiado empinada.
Ninguén pensa na posibilidade de que esto pode pasar, é dicir, non en que pase, porque antes ou despois, uns antes e outros despois se nos permite un espazo de tempo, e eso sabemolo todos; no que realmente non se chega a pensar nunca é no que imos a sentir ó perder parte de nós.
Doe, doe moito. Doe tanto que hai veces que penso que non hai máis alá, xustificándoo con culpas a todos, pensando no tempo que perdín sin estar ó seu lado, facéndoo sufrir por só querelo de lonxe, confundíndome con todo e con nada, querendo acordarme e buscándoo, compartindo a miña dor sin deixarlla a ninguén...
Estou confusa, pero sigo pensando que mentras me acorde del, seguirá vivindo, en min e en todos. Porque sigue sendo unha das mellores persoas que teño e cun corazón tan grande que non puido collerlle no peito, que lle explotou de amor polas persoas que quere, aínda que os médicos o expliquen na propia anatomía, os que o coñecemos sabemos que o seu corazón alcanzou os nosos deixándonos un cachiño a cada un.
Por esto e por moitisimo máis que non se di con palabras, por él e con él ó meu lado, sei que na súa morte física non está a súa fin,e que POUCO A POUCO,saíremos desta amargura que nos invade...
Non fai falta pedirllo, eu sei que nos axudará... Xa que el non nos permitiría que a tristeza nos deixara caer sin que non nos levantaramos.
Quérote papá, sempre...
0 comentarios