Blogia
MAVIC'S BLOG

AS MIÑAS EXPERENCIAS: PRÁCTICAS

AS MIÑAS EXPERIENCIAS: PRÁCTICAS (2)

AS MIÑAS EXPERIENCIAS: PRÁCTICAS (2)

 En canto a miña experiencia persoal nestas prácticas, estou encantada da vida....

Realmente, xa será pola miña titora, á que considero unha gran profesional, tanto polos seus 20 anos de experiencia como  polo seu amor á profesión; ou tamén pode ser polos nenos da clase que me tocaron (de 1º de primaria), que en xeral son unha marabilla...creo que me están refirmando o meu desexo de acadar o meu obxetivo: ser MESTRA.

  

AS MIÑAS EXPERENCIAS: PRÁCTICAS (1)

AS MIÑAS EXPERENCIAS: PRÁCTICAS (1)

A pesar de que xa levamos máis de 20 días nas prácticas, pareceme este momento,coma outro calquera, cando vou a empezar a relatar a míña experiencia con esta asignatura. Penso que sinxelamente é a que máis se corresponde co mundo ó que nos imos afrontar profesionalmente. Desde logo, non se poden suprimir o resto das asignaturas da carreira (bueno, algunha sí,jeje); pero sí que se deberían de incrementar máis as horas prácticas en contacto cos nenos. A pesar de que os nenos me encantan, considero que ensínalos non é tarea fácil, e, moito menos na actualidade, xa que hai que analizar todo con lupa e ter un método adecuado. E a mellor maneira de aprendelo é observándoo e tendo a oportunidade,por pequena que sexa, de realízalo. Por isto e polo que estou vivindo, sí que deberíamos de ter máis prácticas repartidas ó longo dos tres cursos da carreira. Desde logo,  sin olvidarme da base das asignaturas teóricas,  creo que levo aprendido máis en estos 20 días que no curso pasado e no actual....