QUÉ ESTRÉS!!!!!!!!!!!!!!!!
Ai! que mañá empezan outra vez as clases, e, resulta que para empezar eu non podo ir porque mañá empezan as rebaixas e como traballo nunha tenda de roupa, pois tócame currar todo o día; pero en fin, esto non é nada, xa que como tiven certos problemas estos últimos días, non puden facer ningún dos traballos que teño que entregar este mes; así que, meu Querido Blog, podeste imaxinar como estou.... Agobiadísima!!!Non teño tempo para nada e aínda por encima non son capaz de centrarme!!! Esto é un desastre! Díxenme que non me ía agobiar, pero tal e como son, era previsible que esto ía pasar, en fin, seguirei comentando como paso estas tres semaniñas que quedan de xaneiro e os resultados deste catrimestre en febreiro. Realmente identifícome con esta imaxe.
Un saudiño....................
0 comentarios