Mellor, por favor...
Ola meu querido blog:
Hoxe propúxenme escribir para desexarte, a ti e a tódolos lectores, que o ano que acaba de entrar veña cargado de novos desexos e ilusións, e, que todos eles poidan cumprirse a medida que pasan os días deste 2007. Ademáis desto, espero que todo aquelo que non teña necesidade de pasar, que non pase, esto sobre todo.
Quizáis nestes momentos eu pense que esto é unha tolería, xa que o que teña que acontecer, non se pode cambiar; pero, tamén creo que é imposible non tela crenza de que desexándoo ou pedíndoo poida ser. Quen o sabe? Así que, si pode ser, só espero que este ano sexa, aínda que só un pouquechiño, mellor co que acabamos de deixar. Xa sei que para min non vai ser moi difícil superar o 2006, pero nunca podrei augurar o que será o 2007 ata dentro de 365 días, e por experiencia, non podo pensalo, xa que fai un ano non me ía crer que o 2006 remataría deste xeito. En fin que a sorte está botada e non se debe poder cambiar...
É dicir: que sexa o que sexa, mellor, por favor....
Biquiños
0 comentarios